A EMPRESA

A empresa

NOVAVISION foi nada no 2007 no Pedrouzo (O Pino) da unión de dúas socias que, previamente, formáronse e traballaron xuntas moitos anos.

Tras dar o paso de abrir o seu primeiro centro óptico en Arca, uns anos máis tarde abriron o segundo centro óptico, esta vez en Arzúa, para dar servizo á veciñanza da área. Será neste centro, onde tamén integrarán o servizo de audioloxía para mellorar a comunicación das persoas con necesidades auditivas diferentes.

Agora, anos despois e coa nova normalidade, algunhas cousas teñen mudado pero non o seu compromiso por ofrecer calidade, confianza, experiencia e seguridade a todas as persoas que fan posible que sigan traballando coa forza e os folgos necesarios.

Grazas pola vosa confianza!

Rexistros sanitarios

NOVAVISION OPTICA ARCA S.L.L. achégalle a información sobre os nosos rexistros sanitarios:

INFORMACIÓN LEGAL